Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43658

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 92/2018, do 26 de setembro, polo que se dispón o cesamento de José Manuel Rey Varela como conselleiro de Política Social.

En virtude das facultades que me confiren, como presidente da Xunta de Galicia, os artigos 26, número 1, e 27 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cese, por petición propia, no seu cargo como conselleiro de Política Social, agradecéndolle os servizos prestados, José Manuel Rey Varela.

Santiago de Compostela, vinte e seis de setembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente