De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a hros. Concepción Silva Chico o Acordo do 28 de xuño de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 6, sito en Boqueixón, relativo ao proxecto 01733 (expediente 2018/000329), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01733-itinerario peonil e ciclista na Ac-960. Treitos A Susana-pol. ind. (p.q. 0,000 a 0,810) e pol. ind.-A Eirexe (p.q. 1,170 a 2,250). Clave: Ac/16/087.06.
Nº de expediente: 2018/000329.
Persoas que se van notificar: hros. Concepción Silva Chico.
Expropiante: CIV Servizo Provincial da AXI da Coruña.
Expropiados: hros. Concepción Silva Chico.
Beneficiario: CIV Servizo Provincial da AXI da Coruña.
Predio nº: 6.
Concello: Boqueixón.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do Xurado: 308,60 €.