Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43560

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2018 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de Filosofía Moral a José Luis Tasset Carmona.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 18 de xuño de 2018 (BOE do 30 de xuño), para a provisión da praza número 18/034 de catedrático de universidade da área de coñecemento de Filosofía Moral, departamento de Humanidades desta universidade, a favor de José Luis Tasset Carmona, con DNI 28672833K, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Luis Tasset Carmona catedrático de universidade da área de coñecemento de Filosofía Moral, departamento de Humanidades desta universidade.

No prazo máximo de vinte días contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 17 de setembro de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña