Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de setembro de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 18 de xullo de 2017, ditada no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/69/2015-RP1.

O sudirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución do director (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo, DOG num. 59, do 27 de marzo), ditou o 18.6.2018, resolución pola que se resolve o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 18.7.2017, ditada no expediente sancionador POL/69/2015-RP1.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Paula María López Pousa, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. A súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán dende o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística