Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a un terceiro afectado a presentación dunha solicitude de acceso a información pública (expediente AIP-MI-SC-2018-5).

O artigo 19.3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno, dispón o traslado das solicitudes de información que se presentan aos terceiros cuxos dereitos ou intereses lexítimos se poidan ver afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Celestino Aparicio Argiles para ser notificado por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas