Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 22 de agosto de 2018, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-00516-O-2018.

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador número OU-00516-O-2018, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, cobrarase pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Ourense, 22 de agosto de 2018

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data, hora, estrada, p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

OU-00516-O-2018

OU-3414-W

Andrés Trincado Trincado

76709682J

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

26.1.2018; 18.22; N-120; 465,3

Art. 142.8 da LOTT

Art. 143.1.b) da LOTT

201,00 €