Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por José López Villar.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol tramítase o recurso 45/2018 (procedemento abreviado), interposto por José López Villar, contra a Resolución do 24 de xaneiro 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016 (DOG núm. 23, do 1 de febreiro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos