Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de setembro de 2018 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2018000475 e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está a disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01555. Ampliación da plataforma e mellora do trazado na Cp 7103 de Laranga a Olveira por Seráns, p.q. 0,000 ao p.q. 6,100. Tm Porto do Son.

Concello: Porto do Son.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Miguel Brión Brión

Hdros. José Lema Muñiz

María Clara Santos Santos

Francisco Santos Suárez

Miguel Brión Brión

Francisco Santos Suárez

Hdros. José Brión Queiruga

Hdros. Genoveva C. Olveira Martínez

Hdros. José Lema Muñiz

Miguel Brión Brión

Juan Queiruga Lijo

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

28.6.2018

2018000475

2018000479

2018000480

2018000483

2018000488

2018000489

2018000490

2018000503

2018000510

2018000513

2018000515

47

53

54

81

101

114

116

193

229

270

307

2.139,94

1.113,28

131,83

399,56

226,38

52,83

56,89

17,69

308,70

5.197,04

417,24