Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43407

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 889/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número DSP 889/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Helen Igbinovia Ayo contra Juan Valentín Padrón Armas, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é o seguinte:

«Desestimo a pretensión principal da demanda presentada por Helen Igbinovia Aio, representada pola letrada señora Carballeira Pereira, contra Juan Valentín Padrón Armas, que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, non ten lugar a decretar a nulidade do despedimento verbal producido con efectos desde o 13 de agosto de 2017.

Estimo a pretensión subsidiaria da demanda presentada por Helen Igbinovia Aio, representada pola letrada Sra. Carballeira Pereira, contra Juan Valentín Padrón Armas, que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento verbal producido con data de efectos 13 de agosto de 2017.

– Condeno á parte demandada a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución, opte, comunicándollo a este xulgado mediante escrito ou comparecencia, ben pola readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 13.8.2017 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 29,56 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 406,45 euros. De non exercer en tempo e forma a facultade de opción o empresario, entenderase procedente a readmisión con aboamento de salarios de tramitación.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación a resolver pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá acompañarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0889-17, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non gozo do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0889-17, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario ao Xulgado do Social número 1 de Lugo e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Juan Valentín Padrón Armas, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 7 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza