Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43459

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO de contratación das obras de restauración das cubertas do templo, nave principal e cruceiro da catedral.

Orzamento de contrata: 2.042.935,98 € (IVE incluido).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación administrativa da empresa: grupo K, subgrupo 7, categoría E.

Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago.

A documentación do proxecto e o prego de contratación poderanse obter consultando a web http://www.catedraldesantiago.es/contratacion ou ben contactando coa Fundación Catedral de Santiago (teléfono 981 56 93 27), logo de acreditación da empresa e aboamento de 100 €. O prazo de presentación das ofertas será de 26 días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago