Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Illa de Arousa (expediente IN407A 2018/79-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Compañía de Electrificación, S.L.

Domicilio social: praza Doctor Carus, 7-1º C (Edificio León X, 36600 Vilagarcía de Arousa).

Denominación: LMTS e centro de transformación (CT) Espiñeiro.

Situación: A Illa de Arousa.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ en tres tramos:

1. 392 metros, con orixe no empalme que se vai realizar na LMTS que vén do CT As Aceñas e final no CT proxectado.

2. 355 metros, con orixe no CT proxectado e final no paso aéreo subterráneo (PAS) a realizar nun apoio da LMTA ao CT Quilma.

3. 345 metros, con orixe no CT proxectado e final no PAS a realizar nun apoio da LMTA ao CT Praia Maión.

Centro de transformación a 250 kVA, con RT 20 kV/420 V, situado en Espiñeiro, A Illa de Arousa.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 2 de agosto de 2018

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017; DOG núm. 18, do 25.1.2018)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica