Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV), na contorna do treito de concentración de accidentes na estrada PO-308, punto quilométrico 8+700 a 12+700, de clave PO/17/144.06, nos concellos de Poio e Sanxenxo.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 12 de xuño de 2018, a Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV), na contorna do treito de concentración de accidentes na estrada PO-308, p.q. 8+700 a 12+700, de clave PO/17/144.06.

Con data do 21 de xuño de 2018 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV), na contorna do treito de concentración de accidentes na estrada PO-308, punto quilométrico 8+700 a 12+700, nos concellos de Poio e Sanxenxo (clave PO/17/144.06), polo Decreto 70/2018, publicado no Diario Oficial de Galicia do 9 de xullo de 2018.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Poio e Sanxenxo, para que comparezan no lugar, datas e horas que se detallan a seguir co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Poio.

Lugar: Casa Consistorial (Praza do Mosteiro, nº 1).

Data: 24 de outubro de 2018, das 9.20 ás 14.00 horas.

De: Agís Rosales, Rosa a Gómez Rosales, Cándida.

Data: 25 de outubro de 2018, das 9.00 ás 14.20 horas.

De: Gómez Sanmartín, María del Carmen a Vallejo Míguez, Ramón.

Concello de Sanxenxo.

Lugar: Casa Consistorial (rúa Consistorio, nº 4-6).

Data: 26 de outubro de 2018, ás 10.30 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos nos concellos de Poio e Sanxenxo e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestuturas de Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, 43-1º, 36003 Pontevedra).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por unha persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, a fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, e poden facerse acompañar a súa costa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, 43-1º, 36003 Pontevedra), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e a aqueles dos cales se ignore o lugar de notificación, ou ben se, intentada esta, non se puidese practicar.

Pontevedra, 4 de setembro de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra