Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria do procedemento selectivo para cubrir, por persoal laboral fixo, dúas prazas de operarios/as de mantemento.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 164, do 29 de agosto de 2018, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, dúas prazas de operarios/as de mantemento, con nivel de titulación de certificado de escolaridade ou equivalente, vacantes no cadro de persoal do Concello. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 57, do 23 de marzo de 2018. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 29 de agosto de 2018

O alcalde
P.D.(Decreto da Alcaldía nº 2797/2015, do 8 de xullo)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal