Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43240

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (132/2016).

Na presente peza de apelación civil nº 11/2018, dimanante do procedemento ordinario nº 132/2016, do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, seguido por instancia de Benito Montes Areal fronte a Julio Campos Santos e Emilio Nava Peláez, ditouse sentenza, con data do 23.5.2018, cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez

Manuel Almenar Belenguer

Jacinto José Pérez Benítez

Ditou, en nome do rei, a seguinte

«Sentenza número 79

Pontevedra, 23 de maio de 2018.

Vistos en grao de apelación, ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario número 132/2016, procedentes do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, aos que correspondeu a peza número 11/18, en que aparece como parte apelante-demandado Benito Montes Areal, representado polo procurador Germán Fernández Sampedro, e asistido polo letrado Alfredo Ramón Rodríguez Varela, e como parte apelado-demandante Julio Campos Santos, representado pola procuradora María Amor Angulo Gascón, e asistido polo letrado José Luis González Cuenca; Emilio Nava Peláez (edictos). Foi relator o maxistrado Francisco Javier Menéndez Estébanez, quen expresa o parecer da Sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolvemos

Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Benito Montes Areal contra a sentenza ditada o 28 de febreiro de 2017, polo Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, no xuízo ordinario nº 132/2016, con imposición das custas desta alzada á parte apelante.

Que debemos estimar a impugnación interposta pola representación procesual de Julio Campos Santos, e revogar a sentenza de instancia no único sentido de impoñer as costas de primeira instancia á parte demandada, sen especial imposición das custas causadas por esta impugnación.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E ao estar o dito demandado, Emilio Nava Peláez, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente edicto, co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 25 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza