Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 12 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2013/0147-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución, que pon fin á vía administrativa, nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 12 de setembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RL 2013/0147-4.

Acta: I362013000060096.

Empresa: Obras y Servicios Aller, S.L.

DNI/NIF: B-70322755.

Enderezo: Fondevila, Pantiñobre, Arzúa, A Coruña.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14 e 16.2.a) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, anexo IV, parte A, punto 2.b), parte C, punto 3.b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.f), 39.3.c) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data de resolución: 4.9.2018.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción número I362013000060096 e proceder ao arquivamento do expediente.