Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43224

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2018, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos correspondentes exercicios.

En sesión do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 25 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia núm. 87, do 7 de maio), acordouse, de conformidade co disposto na base oitava da mencionada resolución:

Primeiro. As correspondentes probas terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Os ditos exercicios realizaranse na data e nos horarios que a seguir se indican:

– Mércores 17 de outubro de 2018.

Modalidade por estrada: certificado de conselleiro de seguridade ADR.

Obtención todas as clases: 15.30 horas.

Renovación todas as clases: 15.30 horas.

Obtención clase 1: 15.30 horas.

Renovación clase 1: 15.30 horas.

Obtención clase 2: 12.00 horas.

Renovación clase 2: 12.00 horas.

Obtención clase 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 18.00 horas.

Renovación clase 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 18.00 horas.

Renovación clase 7: 15.30 horas.

Obtención materias líquidas: 15.30 horas.

Renovación materias líquidas: 15.30 horas.

Modalidade por ferrocarril: certificado de conselleiro de seguridade RID.

Obtención todas as clases: 18.00 horas.

Renovación todas as clases: 18.00 horas.

Segundo. Para os efectos de proceder á realización dos correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.

Terceiro. Os interesados serán convocados para cada exercicio en chamamento único, resultando excluído da súa realización quen non compareza.

Cuarto. Os aspirantes excluídos por non compareceren no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Quinto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sexto. Os interesados deberán levar bolígrafo e, para a realización do suposto práctico, poderán ir provistos do ADR ou RID e de máquina calculadora sen memoria RAM.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

David Conde Varela
Presidente do tribunal