Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43243

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 183/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 183/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Bastón Graña contra Pescados Rogomar, S.L. sobre ordinario, se ditou decreto de insolvencia, con data do 3.9.2018, impugnable en revisión no prazo de tres días, que está ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Rogomar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 3 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza