Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018327TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 23 de xullo de 2018, a xefa territorial de Pontevedra, ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2018327TA-PO contra Sergio Cardoso Machado, co DNI 77463497A, como titular do Pub Soul.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Sergio Cardoso Machado o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 10 de setembro de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2018327TA-PO.

Denunciado: Sergio Cardoso Machado.

DNI: 77463497A.

Enderezo: rúa Luis Seoane, núm. 39, 36980 O Grove.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigo 7) «Prohíbese fumar, ademais de naqueles lugares ou espazos definidos na normativa das comunidades autónomas, en:

u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).