Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43123

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 281/2017).

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: Marina García de Evan

En Santiago de Compostela o seis de agosto de dous mil dezaoito.

Recibido escrito do letrado José Miguel Orantes Canales únase aos autos da súa razón e, visto o seu contido, acórdase a suspensión da comparecencia prevista para o día 15 de outubro de 2018 e sinálase nova data para a súa celebración o próximo día 16 de outubro de 2018, ás 11.45 horas, na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolle saber que debe asistir cos medios de proba de que intenten valerse.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se debe interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza