Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43119

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1821/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1821/2016 desta sección, seguido por instancia de Gumersindo Rodríguez Fernández contra Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Budiño, S.L., MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Guillarei, S.L., Montajes Graníticos, S.L. e Granitos Santa Fe, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou, con data do 27 de xuño de 2018, a seguinte resolución:

«Resolvo: por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu desestimar a demanda sobre declaración de erro xudicial presentada pola mercantil Granitos Santa Fe, S.L., representada pola procuradora Belén Casino González contra a Sentenza do 25 de novembro de 2016, ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en autos de recurso de suplicación número 1821/2016, dimanante do procedemento ordinario 325/2015 do Xulgado do Social número 4 de Vigo. Con custas, e déase ao depósito o destino legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así o acorda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Budiño, S.L., Granitos Guillarei, S.L. e Montajes Graníticos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza