Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 13 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Campelo (modificado), nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña) (expediente IN661A 16/2011).

Primeiro. Con data do 28 de xuño de 2012 mediante resolución da Xefatura Territorial da Coruña, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o estudo de impacto ambiental e a declaración de utilidade feita por Kaekias Eólica, S.A. (DOG do 24 de agosto).

Segundo. Con data do 16 de febreiro de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou a solicitude de modificación do 21 de decembro de 2017 feita pola empresa Kaekias Eólica, S.A.

Terceiro. Con data do 5 de marzo de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou o cambio de titularidade do parque eólico Campelo de Kaekias Eólica, S.A a favor de Greenalia Wind Power Campelo, S.L.U.

Cuarto. O 10 de abril de 2018, a nova promotora Greenalia Wind Power Campelo, S.L.U presentou a documentación técnica necesaria para continuar co procedemento de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, de acordo coa resolución do antecedente segundo. Xunto co proxecto modificado achegou unha nova relación de bens e dereitos afectados.

Quinto. Con data do 26 de abril de 2018, o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o proxecto do parque eólico, o que ten como efectos a tramitación de forma prioritaria, con carácter de urxencia, e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento.

Sexto. Con data do 8 de maio de 2018, mediante resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, someteuse a información pública a modificación da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, feita por Greenalia Wind Power Campelo, S.L.U. (DOG núm. 115, do 18 de xuño).

Sétimo. O 17 de agosto de 2018 Greenalia Wind Power Campelo, S.L.U. presentou nova documentación técnica, que supón unha modificación do proxecto de execución, proxecto sectorial, estudo de impacto ambiental e na relación de bens e dereitos afectados debido ás correccións introducidas polos informes emitidos.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia); na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Greenalia Wind Power Campelo, S.L.U. (anteriormente Kaekias Eólica, S.A.).

Domicilio social: praza María Pita, nº 10-1º, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Campelo (modificado).

Municipios afectados: concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña).

Potencia que se instalará: 42 MW.

Núm. aeroxeradores que se van instalar: 11 = 10 × 3,83 MW + 1 × 3,7 MW (autolimitado) de potencia nominal unitaria.

Produción neta anual estimada/Horas anuais equivalentes: 158,41 GWh/3.501 horas.

Orzamento total (execución material): 32.493.143,35 €.

Prazo de execución: 11 meses.

Localización e área de afección:

Vértice poligonal

Parque eólico Campelo (Coristanco e Santa Comba)

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

1

517.875

4.776.786

2

521.875

4.776.786

3

521.875

4.769.786

4

517.875

4.769.786

Aeroxerador

Parque eólico Campelo (Coristanco e Santa Comba)

ETRS89

Concello

UTM29N-X

UTM29N-Y

AE 01

520.873

4.776.358

Coristanco

AE 02

521.189

4.776.290

Coristanco

AE 03

521.250

4.775.976

Coristanco

AE 04

521.522

4.775.424

Coristanco

AE 05

519.732

4.775.709

Coristanco

AE 06

519.165

4.775.097

Coristanco

AE 07

519.433

4.774.866

Coristanco

AE 08

518.430

4.774.689

Coristanco

AE 09

518.933

4.774.226

Coristanco

AE 10

519.152

4.773.964

Coristanco

AE 11

519.305

4.771.275

Santa Comba

Torre meteorolóxica

Parque eólico Campelo (Coristanco e Santa Comba)

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

TM.1

519.685

4.775.447

Características técnicas das instalacións:

– 11 aeroxeradores, cunha altura ata a buxa de 112 m e un diámetro de rotor de 136 m, con xerador asíncrono de 3,83 MW (1 limitado a 3,7 MW), potencia nominal unitaria e cos seus correspondentes centros de transformación montados na base de fuste con potencia unitaria de 4.700 kVA de relación de transformación de 0,72/30 kV, montados sobre fuste tubular metálico.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro seccionamento control/colector do parque eólico, composta por 2 circuítos con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV (Al) 1×(3×240) e 2×(3×400) mm2 nos correspondentes tramos, e 1 circuíto de saída (evacuación) con condutor tipo RHZ1-OL 18/30 kV (Al) 3×(3×400), con orixe no centro control/colector e final na SET proxectada.

– SET de evacuación de tipo híbrido cos seguintes elementos principais:

• Transformador de potencia intemperie, trifásico, de baño en aceite, de potencia nominal aparente 120/140 MVA ONAN/ONAF, relación de transformación 220/30 kV e grupo de conexión YNd11.

• Parque de 220 kV. Unha posición común para saída de liña e trafo con aparamenta en módulo compacto PASS con funcións de seccionamento de liña, interruptor e transformadores de intensidade.

• Parque de 30 kV en edificio:

▪ Posición de liña circuíto 1 (PE Campelo): 1 cela entrada e protección.

▪ Posición de liña circuíto 2 (PE Bustelo): 1 cela entrada e protección.

▪ Posición de liña circuíto 3 (PE Monte Toural): 1 cela entrada e protección.

▪ Posición de trafo.

▪ Posición de medida de tensión en barras de 30 kV.

▪ Posición con cela de protección xeral e servizos auxiliares.

▪ Cinco celas de media tensión: 3 celas de entrada de liña (evacuación parques eólicos), cela de medida de tensión e saída de liña a trafo da SET e cela de protección xeral e servizos auxiliares.

• Centro de control en edificio que conterá 4 celas coa seguinte configuración: cela de entrada (circuíto 1), cela de entrada (circuíto 2), cela de protección xeral e cela de medida e saída á SET proxectada.

• Transformador de servizos auxiliares de 50 kVA e 30.000/400 V.

– Rede de terras xeral, de xeito que as instalacións electromecánicas e o centro de control/colector do parque eólico forman un conxunto equipotencial. A rede de terras dos aeroxeradores será con condutor Cu-50 mm2 e a da SET (incluído centro de control) con Cu-95.

– 1 torre meteorolóxica de 98 m de altura.

Obxecto da información pública:

• A autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución.

2. O estudo de impacto ambiental.

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

4. A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados modificada, que figura no anexo que se insire neste acordo.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examinar a planimetría, o proxecto de execución, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal correspondentes ás instalacións do parque eólico Campelo, nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, así como nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), e presentar as súas alegacións durante un prazo de quince (15) días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo, ou a partir da correspondente notificación individual aos afectados.

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A Coruña, 13 de setembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Anexo á relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Campelo do 8.5.2018
(DOG núm. 115, do 18 de xuño) nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña)

Anexo relación de bens e dereitos afectados P.E. Campelo (modificados)

Predio

Propietario

Part.

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Afeccións agosto 2018 (m2)

Nome e apelidos

Pol.

Parc.

Pleno dominio

Servidume paso

Serv. de voo

Cim.

Plat.

T. met.

Set.

Vía

Gabia

Concello de Coristanco

69

Concello de Coristanco

1

69

1

Braña de Alcayan

Prado

 

 

 

 

1.709

 

 

77

Álvarez Antelo, María Luisa

1

57

548

Belcho do Calado

Prado

 

 

 

 

113

448

 

78

Rodríguez Casas, Jesús (Hdros.)

1

57

549

Belcho do Calado

Prado

 

 

 

 

396

250

 

79

Cobas Cancela, Manuel

1

57

554

Pedra Branca

Eucaliptal

 

 

 

 

8

 

 

80

Porteiro Pose, Adolfo

Rial Souto, Dolores

1/2 1/2

57

542

Cucheiro

Prado

 

 

 

 

1.089

232

 

80 B

Porteiro Cancela, Jesús (Hdros.)

Rpte.: Adolfo Porteiro Pose

1

57

541

Agro Vello

Prado

 

 

 

 

26

 

 

82

Collazo Amado, Jesús

1

57

540

O Agro Vello

Prado

 

 

 

 

 

554

 

92

Suárez Banzas, Benigna

Rpte.: José Manuel Porteiro Suárez

1

501

6

Lostoso

Piñeiral

 

 

 

 

1.602

113

 

93 a1

María Nelia García Anido

1/5

501

7

Campelo

Piñeiral

 

 

 

 

151

237

 

93 a2

Roberto Lavandeira Barca

Mercedes Barca Martínez

1/5

501

7

Campelo

Piñeiral

 

 

 

 

177

286

 

93 a3

Roberto Lavandeira Barca

1/5

501

7

Campelo

Piñeiral

 

 

 

 

133

415

 

93 a4

María Lavandeira García

1/5

501

7

Campelo

Piñeiral

 

 

 

 

73

549

 

93 a5

Margarita Lavandeira García

1/5

501

7

Campelo

Piñeiral

 

 

 

 

98

574

 

94

Cordeiro Muro, Secundino

1

501

5

Campelo

Eucaliptal

 

 

 

 

890

 

 

95

Rial Mourelle, Carmen

1

56

471

Arriba do Mallo

Piñeiral

 

 

 

 

1.368

 

 

Afeccións en metros cadrados (m2):

• Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados:

zapata (Cim.), plataforma (Plat.), torre meteorolóxica (T. met.), subestación (set.).

• Servidume de paso:

– Vía: servidume de paso das vías polas cales circularán os transportes durante a construción do parque, así como durante a súa etapa de mantemento.

– Gabia (sistema colector): servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores: (Serv. de voo).