Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (expediente 3/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=286888.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8: servizos de limpeza de edificios.

d) Medios de publicación e datas dos anuncios de licitación: DOUE núm. 109535-2018-ES do 10 de marzo de 2018; BOE núm. 59, do 8 de marzo de 2018, e DOG núm. 56, do 20 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e varios criterios de adxudicación.

4. Valor estimado do contrato: 551.808,74 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 275.904,37 €. IVE (21 %): 57.939,92 €. Importe total: 333.844,29 €.

6. Adxudicación e formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 16 de xullo de 2018.

b) Lotes e empresas adxudicatarias:

Nº de orde

Empresa

Oferta (sen IVE)

IVE 10 %

Oferta (con IVE)

1

Soldene, S.A.

249.501,61 €

52.395,34 €

301.896,95 €

c) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: a oferta con mellor puntuación non considerada anormal ou desproporcionada, de acordo cos criterios de adxudicación detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte