Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo premium de atención e soporte técnico aos usuarios da educación dixital no marco do proxecto Abalar-Edixgal (expediente AMT-2018-0010).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: a contratación do servizo de atención e soporte técnico aos usuarios da educación dixital no marco do Proxecto Abalar-Edixgal.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 2.1.2018.

DOUE: 28.12.2017.

BOE: 10.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 5.608.264,47 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación: 1.869.421,49 € máis 392.578,51 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.262.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13.7.2018.

b) Data de formalización do contrato: 31.8.2018.

c) Contratista: Informática El Corte Inglés, S.A.U. - Tecnologías Plexus, S.L., Unión Temporal de Empresas, Lei de maio de 1982, nº 18 (UTE Iecisa-Plexus).

d) Importe de adxudicación: 1.787.740,39 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia