De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso xeral:
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Amil Barreiro, Shaila |
32703250X |
43, 97 |
Domínguez Espiñeira, Silvia |
32688995S |
20, 97 |
Fontaíñas Gómez, Saleta |
36154172N |
43, 97 |
Guerrero Portela, Marta |
36098422Z |
71 |
Otero Martín, María de la Paz |
35315131B |
20, 97 |
Pérez Pazos, María Berta |
33259850X |
20, 44 |
Rodríguez Cacheda, María Elena |
77403678F |
97 |
Rodríguez Cerviño, Eva Alejandra |
52496974A |
20, 97 |
Código |
Descrición |
20 |
Taxas non aboadas |
43 |
Desistencia da solicitude |
44 |
Xa pertence ao corpo, escala ou categoría a que se presenta |
71 |
Certificado de discapacidade non cotexado |
97 |
Non cumprir o requisito da base I.2.3 |