De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso libre:
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Baltar San Martín, Óscar Luis |
35319396K |
15 |
Carreño Peleteiro, Celsa |
36063273D |
16 |
Fernández de Landa Suanzes, Carlos José |
46895295C |
14 |
Isasi Freire, Iago |
44817201E |
15 |
Martínez Moreno, Adriana |
71727219V |
17, 20, 58 |
Martínez Santamaría, Enrique |
00683630R |
58 |
Rivera Sar, José María |
46913182J |
25 |
Rodríguez Novoa, Julio Crisanto |
36007993K |
18, 58 |
Código |
Descrición |
14 |
Documento xustificativo exención taxas non válido |
15 |
Documento xustificativo exención taxas non cotexado |
16 |
Documento xustificativo exención taxas non presentado |
17 |
Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado |
18 |
Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido |
20 |
Taxas non aboadas |
25 |
Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non cotexado |
58 |
Documento xustificativo de non percibir prestacións ou subsidio por desemprego non presentado |