De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Promoción interna:
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Álvarez Lamas, Lucía |
33547237N |
57 |
Acceso libre:
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Barral Martínez, Mónica |
52456168E |
18 |
Cinza Cabarcos, Helena |
34282435S |
17, 58 |
Martínez Lores, Rosa María |
35479517Q |
16 |
Montero Senra, José Luis |
34626351N |
16 |
Recuna Carrasco, Pablo |
32807827Y |
15 |
Roca Carrodeguas, Carlos |
32697557K |
16 |
Rosado Fernández, Santiago |
32839192E |
17, 20, 58 |
Código |
Descrición |
15 |
Documento xustificativo exención taxas non cotexado |
16 |
Documento xustificativo exención taxas non presentado |
17 |
Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado |
18 |
Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido |
20 |
Taxas non aboadas |
57 |
Non pertencer ao corpo/escala do grupo correspondente |
58 |
Documentación xustificativa de non percibir prestación ou subsidio por desemprego non presentada |