Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42878

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

– Actividade. O obxecto da encomenda é a execución do servizo técnico cualificado para a recompilación dos bens que, polo seu interese cultural, se recollan individualmente singularizados nos instrumentos de planeamento urbanístico e ordenación do territorio, para a súa posterior incorporación ao Catálogo do patrimonio cultural de Galicia

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O prazo de execución é de catro meses e comeza o 17 de agosto de 2018.

– Financiamento. Esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 10.21.433A.640.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2018

Mª Carmen Martínez Insua
Directora xeral de Patrimonio Cultural