Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2018200AL-CO incoado a Ramiro Pernas Viqueira.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3 (A Coruña).
Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.
Advírtese que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
A Coruña, 29 de agosto de 2018
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2018200AL-CO.
Interesado: Ramiro Pernas Viqueira (Carnicería Ramiro).
DNI/NIF/CIF: 32570821S.
Derradeiro enderezo coñecido: Mercado de Recimil, 52, 15403 Ferrol.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.