O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018
Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
ANEXO
Convenio |
Obxecto |
Importe achegado |
Data da sinatura |
Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais e saúde ambiental |
A realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental |
0,00 € |
6.6.2018 |
Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais e riscos comúns |
A realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns |
0,00 € |
12.6.2018 |
Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais |
A realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais |
0,00 € |
12.6.2018 |