Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42779

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (139/2018).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 139/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Manuel Pais Trigo contra a empresa Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a José Manuel Pais Trigo coas entidades Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L., e Neira y Ferreira, S.L.U., e condeno solidariamente as executadas a aboarlle a José Manuel Pais Trigo a cantidade de 8.336,45 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 36.454,89 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, así como a cantidade de 864,79 euros debidos en concepto de cantidades debidas, resultando un total de 45.656,13 euros.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza