Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se autoriza a modificación dunha planta de cultivos mariños titularidade de Nueva Pescanova Biomarine Center, S.L., situada en Ardia (O Grove).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co disposto no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, mediante a Resolución da Consellería do Mar autorizouse a modificación dunha planta de cultivos mariños titularidade de Nueva Pescanova Biomarine Center, S.L., situada en Ardia (O Grove).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 15 de maio de 2018. O anuncio foi publicado no DOG núm. 130, do 9 de xullo de 2018.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018

María Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica