De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.
Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 8 da dita resolución, a Confederación de Empresarios acordou a substitución dun dos membros suplentes da súa representación no Consello.
Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1
Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Álvaro Hinrichs Álvarez en substitución de Alberto Viejo López.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria