Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2018 Páx. 42707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos OU-11/2018 RE e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 28 de agosto de 2018

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-11/2018 RE.

Denunciado: Martín Martínez Pérez.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-19/2018 RE.

Denunciado: Florin Dumitru.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-22/2018 RE.

Denunciado: Emilio José Gómez Vázquez.

Acto notificado: resolución de expediente.