Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2018 Páx. 42718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinalan as datas para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do semienlace de acceso ao polígono industrial de Areas-Tui, desde a VAC Tui-A Guarda, treito I, no concello de Tui (clave PO/03/009.01.1.1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto segundo a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 2 de novembro de 2017 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do semienlace de acceso ao polígono industrial de Areas-Tui, desde a VAC Tui-A Guarda, treito I, no concello de Tui, de clave PO/03/009.01.1.1, por Decreto 116/2017, publicado no Diario Oficial de Galicia do 23 de novembro de 2017.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Tui, para que comparezan no lugar, datas e horas que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, en que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Tui.

Lugar: Casa do Concello.

Data: 2 de outubro de 2018, das 9.30 ás 13.30 horas, desde o A ata Martínez Alfaya, Ignacio.

Data: 3 de outubro de 2018, das 9.30 ás 13.30 horas, desde Martínez Montes, María Luisa ata o Z.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello de Tui, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra (avda. Fernández Ladreda, 43-1º).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, e poden facerse acompañar á súa custa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra (avda. Fernández Ladreda, 43-1º), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o seu domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puido practicar.

Pontevedra, 30 de agosto de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra