Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 10807201F/31/05/2018/2.1.E.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola cal se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderanse presentar ante a oficina de emprego Ourense A Ponte, situada na rúa San Francisco Blanco, 2, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 5 de setembro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 10807201F/31/05/2018/2.1.E.

Nome: Juan Manuel Guerra Freitas.

Concello: Barbadás (Ourense).

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impoñer a Juan Manuel Guerra Freitas, con NIE/NIF 10807201F, a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecida.