Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da subscrición do texto inicial dun convenio urbanístico (Fonte do Abade).

Mediante Resolución da Alcaldía 1953/2018, do 18 de xullo de 2018, aprobouse a subscrición do texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento que se celebrará entre este concello e a entidade Santiago Fuentes, S.L. para a obtención de terreos vinculada coa actuación do proxecto de obras ordinarias de urbanización para a mellora e adecuación da Fonte do Abade e o seu contorno (expediente 5/2018.OOU), subscrito inicialmente o 18 de xullo de 2018.

O texto íntegro do convenio, a Resolución da Alcaldía 1953/2018 e a identificación gráfica do ámbito espacial ao que se refire este pódense consultar na páxina web do Concello de Arteixo, no seguinte enderezo electrónico http://www.arteixo.org/gl/noticia/subscricion-de-texto-inicial-de-convenio-urbanistico-fonte-do-abade

O texto do convenio sométese a información pública polo período dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG.

Arteixo, 6 de setembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto núm. 1336, do 6.7.2015)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente