Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 24 de agosto de 2018 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Suárez I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Suárez I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 13 de agosto de 2018, María del Carmen Pérez Gey, no nome e en representación da comunidade de herdeiros de José Castro Resúa, que faleceu o 26.2.2018, solicitou autorización para transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Suárez I.

Segundo. A solicitante presentou toda a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Pablo Castro Pérez (44816927R), do 50 % da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Suárez I.

Localización:

Cuadrícula nº: 68.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14.3.1965.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Castro Resúa e María del Carmen Pérez Gey (35389460G - 76496980S) 100 % ganancial.

Novos titulares: Pablo Castro Pérez (44816927R) 50 % privativa e María del Carmen Pérez Gey (76496980S) 50 % privativa.

Os novos titulares da concesión administrativa subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 24 de agosto de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña