De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio desta.
O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, nº 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer a efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
A persoa interesada ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderá interpoñer recurso contra a resolución recaída no expediente ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Lugo, 4 de setembro de 2018
María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: 2017/181/27.
Persoa interesada: Coumba.
Enderezo actual: descoñecido.
Asunto: Resolución do 29 de maio de 2018.
Efectos: cambio de medida administrativa e mantemento do recurso.