Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente tramitado por esta entidade 2018/2/27.

De conformidade cos artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

O expediente atópase á disposición das persoas interesadas ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, nº 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer a efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra a resolución recaída no expediente ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda correspóndalle, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 4 de setembro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2018/2/27.

Persoas interesadas: Jamila Oris e Ahmed Abattouy.

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: Resolución do 28 de maio de 2018.

Efectos: cambio de medida administrativa e mantemento do recurso.