Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento tramitado por esta entidade (expediente 2015/1/2).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que a seguir se relacionan a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme ao disposto nos artigos 175 e seguintes do Código civil, artigos 27 e seguintes da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

O expediente atópase a disposición das persoas interesadas ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, núm. 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpor recurso contra a resolución recaída no expediente ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 4 de setembro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número do expediente: 2015/1/2.

Persoas interesadas:

1) Víctor Manuel Braña Bello.

DNI: *****780M.

2) María del Carmen Canto Domínguez.

DNI: *****463P.

Asunto: Resolución do 9 de novembro de 2015.

Efectos: denegación da solicitude.