Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2015/145/27 e un máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que a seguir se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme ao disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes atópanse a disposición das persoas interesadas ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, núm. 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpor recurso contra as resolucións recaídas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 4 de setembro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesados

Núm. de expediente

Efectos xurídicos

Data da resolución

María Isabel Saura Fernández/Ramón Cardo Arnau

2015/145/27

Mantemento de medida e asunción do expediente por traslado

6.11.2015

María Isabel Saura Fernández/Ramón Cardo Arnau

2015/146/27

Mantemento de medida e asunción do expediente por traslado

6.11.2015