Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada RAI-DXI-66.118/13 (IN407A 2010/65 e IN407A 2010/66) e tres máis.

O 19 de xullo de 2018 o Consello da Xunta de Galicia adoptou acordo sobre as resolucións dos recursos de alzada presentados nos procedementos IN407A 2010/65 e IN407A 2010/66.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao carecer de datos postais, notifícanse as resolucións dos recursos de alzada que se sinalan no anexo.

Os interesados poderán recoller as notificacións das resolucións mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico Xurídico I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a referida resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2018

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Expediente: RAI-DXI-66.118/13 (IN407A 2010/65 e IN407A 2010/66).

Interesado: Germán Pérez González.

Acto notificado: resolución do recurso de alzada.

Expediente: RAI-DXI-66.143/13 (IN407A 2010/65 e IN407A 2010/66).

Interesada: Ana Isabel Martínez Leite.

Acto notificado: resolución do recurso de alzada.

Expediente: RAI-DXI-66.144/13 (IN407A 2010/65 e IN407A 2010/66).

Interesada: María da Conceição da Silva Leite M.

Acto notificado: resolución do recurso de alzada.

Expediente: RAI-DXI-66.145/13 (IN407A 2010/65 e IN407A 2010/66).

Interesada: Silvia M. Martínez Leite.

Acto notificado: resolución do recurso de alzada.