Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato, tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe EP4. Prioridade 4.

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2018-OBRSE 03–PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=285807.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 45000000. Traballos de construción e quince máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 8 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 589.657,20 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 536.052,00 €.

Importe total: 648.622,92 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de xullo de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 30 de xullo de 2018.

c) Contratista: UTE Medancli, S.L. Construcciones M. Espiño, S.L. (UTE Mellora Enerxet. TSX).

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 481.321,09 €.

Importe total: 582.398,52 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza