Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42283

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de fixación da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda suxeita a algún réxime de protección pública.

O Pleno da corporación acordou, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 9 de agosto de 2018, para os efectos da aplicación do artigo 42.9 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobar a fixación da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda suxeita a algún réxime de protección pública do Concello de Arteixo, que se estableceu nun 10 %.

Contra o dito acordo plenario poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

O contido íntegro da norma urbanística pódese consultar na sede electrónica do Concello de Arteixo, no seguinte enderezo electrónico: https://sede.arteixo.org/gl/informacion/verificacion_documentos/, introducindo o CVD: 2uMWDvZSszx2sNBDDp8B.

Arteixo, 29 de agosto de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto núm. 1336, do 6.7.2015)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente