Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42141

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 10 de setembro de 2018 pola que se modifica o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos previstos na Orde do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

A Orde do 9 de marzo de 2018 (publicada no DOG núm. 54, do 16 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, establece no artigo 23 como prazo máximo para presentar a correspondente licenza municipal de obras ou calquera outro permiso administrativo, o 15 de setembro de 2018.

E ante as peticións de diferentes organismos para prolongar o dito prazo co fin de poder emitir os preceptivos permisos, cómpre ampliar o dito prazo de presentación da licenza municipal e resto de permisos administrativos.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

A data de presentación da licenza municipal e resto de permisos administrativos prevista no artigo 23 da Orde do 9 de marzo de 2018 de ata o 15 de setembro de 2018, amplíase ata o 15 de outubro de 2018, inclusive.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural