Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2018 Páx. 42058

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de aprobación inicial da expropiación do antigo mercado.

Por medio do presente anuncio e para os efectos do disposto nos artigos 18 da Lei de expropiación forzosa, 17 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa e no artigo 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público que no BOP núm. 158, do 17 de agosto de 2018, figura o anuncio de aprobación do proxecto de expropiación para a execución da modificación puntual do PXOM da Cañiza no ámbito do antigo mercado de gando e a relación concreta individualizada e valorada dos bens e dereitos que se van expropiar.

A Cañiza, 6 de setembro de 2018

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde