Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2018 Páx. 42050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de setembro de 2018, do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña, polo que se comunica a aprobación das bases da reestruturación parcelaria da zona de Fisteus (Curtis-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestructuración parcelaria da zona de Fisteus (Curtis-A Coruña) que con data do 26 de xullo de 2018, o director xeral de desenvolvemento rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Á vista do resultado do procedemento de elaboración das bases de reestruturación parcelaria da zona de Fisteus (Curtis-A Coruña), do informe favorable do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias, oída a xunta local da zona, ao abeiro do disposto polo artigo 26 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, polo presente acto apróbanse as bases de reestruturación parcelaria da zona de Fisteus (Curtis-A Coruña).

O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse na Xefatura Territorial da Coruña (Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2), nas oficinas centrais da Consellería, en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n,) ou en calquera das dependencias a que fai referencia a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 5 de setembro de 2018

Ana Cristina Arizón Fanlo
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña