Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2018 Páx. 42038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 21 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados da solicitude de declaración de utilidade pública da liña eléctrica de evacuación do parque eólico Cadeira (expediente IN408A/2017/36).

A empresa Norvento Eólica, S.L.U. formulou a solicitude de declaración de utilidade pública para a liña eléctrica de evacuación do parque eólico Cadeira, sita nos concellos de Riotorto, Lourenzá, Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesado/a

Acto que
se notifica

1

1

3011

Riotorto

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

2

1

3076

Riotorto

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

19

26

922

Lourenzá

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

20

26

923

Lourenzá

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

24

26

951

Lourenzá

Fernández Lombardero, María

Solicitude de utilidade pública

31

26

979

Lourenzá

Fernández Vidal, José

Solicitude de utilidade pública

38

27

696

Lourenzá

López Andía, Susana

Solicitude de utilidade pública

41

27

504

Lourenzá

Rodríguez Gayoso, Matilde

Solicitude de utilidade pública

52

27

745

Lourenzá

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

56

27

780

Lourenzá

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

59

27

783

Lourenzá

García García Elena

Solicitude de utilidade pública