Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2018 Páx. 42027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental da LAT 132 kV PE Monciro-SET interconexión nó Ludrio 132/400 kV e SET interconexión nó Ludrio 132/400 kV, nos concellos de Castroverde, Pol e Castro de Rei (Lugo), promovido por Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. (2017/0001).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 24 de agosto de 2018, relativa á LAT 132 kV PE Monciro-SET interconexión nó Ludrio 132/400 kV e SET interconexión nó Ludrio 132/400 kV, nos concellos de Castroverde, Pol e Castro de Rei (Lugo), promovido por Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U.

A dita declaración poderase consultar na ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela) e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático