Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2018 Páx. 41938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo de coordinación e xestión da iniciativa Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía e para a implantación da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.01, obxectivo específico 05.01.01.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 47/2017 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=242458

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de coordinación e xestión da iniciativa Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía e para a implantación da estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90713000-8; 79421200-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 826.446,28 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 413.223,14 €. Importe total: 500.000 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 4 de xullo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 22 de agosto de 2018.

c) Adxudicataria: Valora Consultores de Gestión, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 285.123,97 €. Importe total con IVE: 345.000 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2018

A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio
P.S. (Artigo 7.1 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, DOG núm. 221,
do 19 de novembro; D.A. 9ª e D.T. 2ª do Decreto 177/2016, do 15 de decembro,
DOG núm. 239, do 16 de decembro)
Silvia Cortiñas Fernández
Vicesecretaria xeral da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio